...E como sei que vos gustan moito as matemáticas, aquí tedes unha páxina onde xogar, xogar, xogar... e non deixar de aprender. Espero que disfrutedes moito dela.
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/primaria-abn/
"Lambruxadas" recibe o seu nome do río Lambruxo, afluente do Lambre, río que baña os concellos de Monfero e Irixoa. Como vedes, non ten nada que ver con "embruxadas", aínda que, en ocasións, o que apareza nel poida semellar o fruto dun meigallo. Naceu fai xa anos como ferramenta de traballo e como caixón de xastre doutros alumnos e a día de hoxe ímolo a recuperar para o alumnado de 3º EP do CPIP "Virxe da Cela", no Concello de Monfero.
viernes, 3 de abril de 2020
miércoles, 1 de abril de 2020
Benvida, PRIMAVERA!!!
Algúns nenos e nenas de terceiro quixeron felicitar aos compañeiros na entrada da primavera, fai xa uns días, aquí vos deixo o agasallo que fixeron para a clase. Sodes uns artistas!!!
![]() |
EriK |
![]() |
Manuel |
![]() |
Daniella
De verdade que non sei cal dos tres me gusta máis... ¿non queres participar?
|
Aprendizaxes para a vida
Nestes días raros, onde parece que o mundo está parado, a vida segue, e algunha decidiu botarlle unha man á natureza par ter dentro duns meses unha horta da que alimentarse e, ao tempo, alimentar aos animais da casa. Coñecédela? Seguro que o pasou moi ben mentres se daba conta de que se os agricultores e gandeiros paran... Aprendede a amar a terra, dentro dun pouquiño de tempo, Saray será testigo de cómo a terra lle devolve o seu cansazo, a súa suor en forma de alimentos...
Qué novas aprendizaxes estás ti realizando? Queres compartilas?
Qué novas aprendizaxes estás ti realizando? Queres compartilas?
Que tal un repasiño?
Aquí vos deixo un enlace para que vós poidades repasar de maneira lúdica unha serie de materias. Espero que vos guste.
http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/3-juegos-interactivos-para-repasar-todo.html
Sofía dixo xa que o pasara moi ben.
http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/3-juegos-interactivos-para-repasar-todo.html
Sofía dixo xa que o pasara moi ben.
Feliz aniversario, Erik
Sabedes unha cousa? O pasado día 27 de marzo, o noso amigo Erik celebrou o seu aniversario... Sei que a todos nos gustaría compartir ese día con el, pero non puido ser... estábamos a facer o que mellor podemos facer agora, quedar na nosa casa... así que, no nome de todas as persoas que convivimos con el en terceiro de primaria, lle enviamos esta felicitación. Vós podedes, nos comentarios felicitalo tamén... seguro que lle gustará... Parabéns, Erik!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)